jueves, 26 de junio de 2014

Un Samain de medo



Aproveitando a celebración do samain, o ciclo de 2º de educación infantil decide organizar un banquete "fúnebre", pero divertido.

Parece axeitado utilizar a ocasión para realizar un taller de alimentación divertida. O obxectivo é que os nenos e as nenas manipulen diferentes alimentos, algúns próximos á súa experiencia e outros non tanto, co fin de coñecelos e saborealos de forma divertida. De este xeito realizamos: cabazas doces, patas de bruxa, pantasmas, vasoiras de bruxa, e, de sobremesa, saborosas arañas.

Tras o taller de realización das receitas distribuímolo todo dun xeito atractivo sobre as mesas e esperamos ansiosamente ao momento da degustación.
Con este obradoiro pretendemos que o alumnado de infantil en primeiro lugar, participe nun taller de elaboración de diferentes receitas e, acontinuación, que deguste as receitas preparadas en compañía dos seus amigos e amigas (poucas veces teñen a ocasión de ser cociñeiros dos alimentos que inxire, e selo, como sabemos, provoca unha gran satisfacción). Ademais moitos, polo simple feito de ser os cociñeiros, animáronse a probar alimentos que doutro xeito non o farían.

A realización de talleres de cociña, ademais de favorecer a creación de ámbitos de sociabilización en ambientes distendidos e agradables, contribúe a que o cociñeiro, neste caso o alumnado, se aproxime á cata de diferentes alimentos aínda que nun principio non respondan ás súas preferencias, nestes casos, os catadores se poden levar sorpresas agradables ao descubrir un novo sabor agradable ao seu padal. Ademais permite dar renda solta á imaxinación dos infantes e levarse á boca pernas de bruxa, arañas, pantasmas...










 


No hay comentarios:

Publicar un comentario