miércoles, 25 de junio de 2014

Resultados das enquisas


RESULTADOS DE E. INFANTIL
Contestan 31 alumnas e alumnos dos 35 que conforman o total do alumnado de esta etapa no C.P.I. de Zas.
Entre os alimentos que a maioría consumen casi diariamente, destacan.
Leite

Iogur
Pan
Entre os alimentos que algo máis da metade non toman nunca destacan.
Bebidas light
Cereais inflados para o almorzo ( tipo corn flakes)
Queixo fresco ou baixo en calorías
No grupo dos alimentos que se consumen maioritariamente de 1 a 3 veces por semana están.
Peixe branco
Arroz branco
Ovos
Polo ou pavo
Terneira, porco ou cordeiro
Peixe azul
Chocolate: tableta, bonbóns, “kit kat” “mars”...
Galletas de chocolate, crema, nata...
Xudías verdes, acelgas, espinacas
Legumes
Bolsas de aperitivos ( chips, cheetos, fritos..)
Aproximadamente o 50% consumen froita ou zumos naturais a diario.
O consumo de larpeiradas como gominolas ou caramelos de 1 a 3 veces por semana, queda reducido a 15 alumnas e alumnos do total.
Cinco nenos e nenas non almorzan todos os días, 3 non merendan todos os días, e 2 non cean todos os días. Tendo en conta a idade do alumnado obxecto desta enquisa querémolo salientar.
Respecto do exercicio físico, aproximadamente o 50% non fan ninguna actividade deportiva.




RESULTADOS DE E. PRIMARIA
Pasáronse as enquisas a un total de 95 alumnos e alumnas.
Igual que en E.Infantil os alimentos que toman a diario a maioría do alumnado son o pan e o leite.
Maioritariamente consumen carne, peixe, ovos, legumes e arroz entre 1 e 3 veces por semana.
Tamén entre 1 e 3 veces por semana toman chocolate, madalenas, biscoito, croquetas, empanada, pizza e bolsas de aperitivos, tipo chips.
O consumo xeral de verduras non supera o 30%, e das máis habituais: leituga, tomates, xudías verdes.
As froitas máis consumidas son as mazáns, plátano, pera, pexego , laranxas e mandarinas, casi a diario, ou tamén en zume.
Inda que o 50% dos encuestados consumen bebidas azucaradas e larpeiradas entre 1 e 3 veces por semana, aproximadamente un 14,5% non as toma nunca.
Case todos e todas comen catro ou cinco comidas diarias.
A maioría fan deporte varias veces á semana, incluso practican máis de un. Pero un 20% non fan ninguna actividade física a diario.
Nesta etapa as horas de ordenador, consola ou televisión andan darredor de 1 diaria na maioría. Aproximadamente un 20% contesta que son 2 horas diarias as que adica a estas actividades de lecer.
As nosas conclusión son:


  • En xeral a dieta é bastante adecuada, inda que pouco variada.
  • Moitos amosan reticencia ante os alimentos que lles resultan novedosos ouque non se cociñan na forma á que están habituados, por exemplo as legumesen ensalada.
  • O comedor escolar funciona como un “laboratorio” no que se abre a porta a alimentos e a preparacións que van ampliando o abano un tanto restrinxido da súa alimentación. A medida que van probando e coñecendo outros alimentos, van completando a súa formación de consumidores equilibrados. Non é tarefa fácil. Confunden comer ben con comer exclusivamente o que lles gusta.
  • Repartimos froita de tempada nos recreos varias semanas ao longo do curso, tratando de introducir froitas menos habituais nas casas.
  • Engadimos un par de menús do comedor para a súa valoración como dieta saudable. 




No hay comentarios:

Publicar un comentario